
Neuropsicoloxía (non sanitaria)
É unha disciplina que converxe entre a neuroloxía e a psicoloxía. Estuda as relacións entre as estructuras cerebrais, as funcións cognitivas, os procesos emocionais e a conducta. Realiza unha valoración e evaluación neuropsicolóxica, para determinar qué tipo de intervención é a necesaria en cada caso. Abarca todas aquelas patoloxías que afectan ao cerebro: alteracións e disfuncións no neurodesenvolvemento, traumatismos craneoencefálicos, accidentes cerebrovasculares, enfermidades neurodexenerativas e déficits nas funcións cognitivas.