Ana Fernández

PSICOTÉCNICO CHANTADA

Son Ana e son a psicóloga sanitaria de PSICOTÉCNICO CHANTADA. Levo máis de catro anos realizando a exploración psicolóxica do centro de recoñecemento. Durante este tempo formeime en Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade para realizar o meu traballo co máximo rigor e actualizar os meus coñecementos. Ademais desto, conto con diversa experiencia e formación noutros campos como son as Demencias e afectacións neurodexenerativas, as Dificultades da aprendizaxe, a Terapia familiar, etc.

A figura do psicólogo nos centros de recoñecemento é importante, posto que somos os encargados de realizar a exploración da aptitude psicolóxica necesaria para a obtención ou renovación dun permiso, é dicir, avaliamos a capacidade do individuo para desenvolver con éxito tarefas complexas como poden ser conducir un vehículo ou empregar un arma. Para elo realizamos diferentes probas que miden a súa capacidade perceptivo-motora, a presenza de trastornos mentais e da conducta, o consumo de sustancias, etc.

Cos resultados de ditas probas e da exploración médica, emítese o dictame de Apto ou Non apto.