Entendemos por autolesións aquelas accións que realizamos contra nós mesmos, a sabendas de que nos fan dano. A que máis vemos en consulta é facerse cortes, pero tamén poden tomar outras formas, como queimarse, golpearse, morderse, ou rasparse.
Aínda que non se adoita falar delas, son moi frecuentes. De feito, calcúlase que aproximadamente un de cada catro adolescentes se fará dano intencionadamente algunha vez.
A veces é difícil para o entorno, e incluso para a persona que se autolesiona, entender o que está pasando. Isto provoca que non saibamos identificar que a persoa se está a facer dano, e entorpece que podamos buscar axuda. De feito, é frecuente que a incomprensión nos leve a pensar que é unha conduta que a persoa fai “porque quere”, “para chamar a atención”, “porque é un/ha esaxerad@ que o toma todo moi a peito” ou “porque non pon da súa parte”. Estas ideas non só son incorretas, senón tamén perigosas, porque invalidan o sufrimiento das persoas.
Ó revés: as autolesións sempre son unha mensaxe de estar inmerso nunha situación problemática na que o sufrimento é moi elevado, onde non se atopa unha solución mellor, e sempre teñen unha función de regulación emocional a curto prazo: serven para aliviar unha dor emocional intensa, ou para encher a sensación de vacío que a veces sentimos. O que ocorre é que soen funcionar a curto prazo, pero empeoran a situación á larga, aumentando a sensación de illamento, de perda de control e o sufrimento, con tódolos custes que isto conleva para a vida dunha persoa a nivel de perda de relacións importantes, dificultades para desenvolver a nosa vida académica ou profesional, etc…
Por elo, é importante aprender a detectar cando alguén se autolesiona. No próximo post darémosvos máis información, pero, se tes algunha dúbida, consúltanos. Estamos aquí para axudarte.